jueves, 6 de enero de 2011

Comeza o funcionamento dun novo "telescopio" que pretende atopar neutrinos.

Despois de 10 anos de traballo, por fin, o pasado 18 de decembro puxéronse os derradeiros 86 fotodetectores o que daba por finalizado este “telescopio” de neutrinos IceCube Neutrino Observatory.
Este xigantesco “telescopio”, que ocupa ao redor de un quilómetro cúbico, sitúase a 1.400 metros por debaixo da superficie do xeo do Polo Sur. O aparato ten que estar a tanta profundidade para que o seu funcionamento non se vexa alterado por outras radiacións existentes. Os encargados do seu deseño e construción foron científicos de Bélxica, Estados Unidos, Alemaña e Suecia, este dispositivo será dirixido pola Universidade de Wisconsin-Madison e a National Science Fundation.
O obxectivo de este aparello é conseguir detectar a “radiación de Cherenkov”(tamén chamada Luz Azul). Esta radiación prodúcese cando os neutrinos chocan contra os átomos de xeo. Estas partículas, os neutrinos, son producidas polo Sol, os buratos negros e as supernovas. Ademais, estas partículas son case imperceptibles, xa que apenas interactúan ca materia, porque a pesar de que cada segundo trillones de elas atravesan a Terra, rara vez chocan con algún átomo debido á súa pequenísima masa (un pouco menos dunha milmillonésima parte da masa dun átomo de hidróxeno.
Deíxovos tamén aquí un video do proxecto, está en inglés pero pódese ententer o máis esencial.




Editado por: Andrea Gerpe Acosta. 1ºBacharelato A

O 2010 nunha imaxe


Poderíase resumir todo o ano 2010 nunha imaxe?
A imaxe da fotografía anterior foi tomada en Hungría, pero realmente non se trata dunha soa fotografía senón dun conxunto de 36 imaxes tomadas dende o mesmo lugar nun vencindario húngaro de xaneiro a decembro.
Na instantánea, percíbese un analema, que é a curva que describe a posición do Sol no ceo. Esta imaxe é moi dificil de conseguir polo tempo e a precisión que require. En todo o mundo só vinte persoas chegaron a unha conclusión semellante.
O Sol debuxa esta forma de oito durante o ano pois a Terra xira nun eixe lixeiramente distinto ao da nosa estrela e nunha órbita elíptica.
O punto máis alto do analema prodúcese durante o solsticio de verán e o máis baixo no do inverno.
Información:


Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB

Así será a ciencia en 2011

Espazo: este ano será o último ano de servizo dos transbordadores de EEUU, os Shuttle. Por agora, o seu único sucesor son as naves rusas Soyuz rusas. EEUU e outros países pagan máis de 50 millóns de dólares por cada asento en una soyuz para levar astronautas á ISS. Pero a empresa Space X que dirixe un estadounidense demostrou que as súas cápsulas Dragon poden entrar en órbita e regresar a Terra. Este magnate o que pretende é acercarse a ISS e intercambiar comunicacións con ela.

Sida: o 2011 non traerá a ansiada vacina contra o sida, pero pode que se descubra algún dos talóns de Aquiles do virus que permita deseñar una vacina eficaz. O que si traerá é a confirmación de que os antirretrovirales poden usarse na prevención nas persoas sans.




Aceleradores: cal será o acelerador que consiga atopar o Bosson de Higgs? será o LHC ou seu competidor, o Tevatron de Batavia (EEUU). El Tevatron, se EEUU non o evita con máis diñeiro, deixará de funcionar a finais de 2011. O LHC tiña previsto un parón para a mesma data. A loita entre as dúas institucións por chegar antes a resultados é a razón de que os responsables do LHC decidan a finais de xaneiro, se o LHC segue operativo ata finais de 2012 para esgotar todas as posibilidades de gañar o duelo.

Células nai: a compañía encargada de facer os ensaios é Advanced Cell Technology (ACT). Intentaran estudar o posible beneficio das células nais, embrionarias e diferenciadas.

Vida artificial: Craig Venter non logrou convencer a comunidade científica de haber xenerado vida artificial, por iso en 2011 intentará convencer aos seus colegas coa creación dunha fornada de superbacterias. Científicos españois aventuran que conseguirá bacterias productoras de hidróxeno para biocombustibles ou microorganismos modificados capaces de descontaminar substratos de petróleo, ou que produzan algunha molécula orgánica para uso terapéutico.

Cancro: aínda que a cirurxía seguirá xogando un papel importante na oncoloxía o ano que comeza identificaranse novos biomarcadores que sinalarán os pacientes aptos para novos fármacos. Tamén será o ano en que se mellorarán as técnicas de imaxe, que non só servirán para pescudar onde están os tumores, senón as súas características.
Astronomía: en febreiro publicarase una tanda das novas observacións do telescopio Kepler da NASA, un dos cazadores máis precisos de planetas fora do sistema solar. Seguiranse buscando planetas habitables semellantes a Terra.


Mellores fármacos:
O sintrom, un anticoagulante usado por millóns de persoas en todo o mundo, dará a paso a tres novos tratamentos cunha eficacia similar, pero que non requiren dos engorrosos controis periódicos.
Outro cambio notarano os afectados de esclerose múltiple, que poderán seguir o seu tratamento vía oral en lugar de inxección, mellorando a súa calidade de vida.
No campo das enfermidades mentais, espérase que se estableza un biomarcador que diferencie os problemas de memoria típicos da idade coas demencias como o alzhéimer, para adiantar o tratamento.

Ariana Pascual Sas 1ºBacharelato C

O futuro da exploración de Marte.





Un novo vehículo deseñado pola NASA sorprendenos novamente pola súa complexidade. Este vehículo (chamado Curiosity) é o próximo vehículo que explorará a superficie de Marte a finais deste ano. Con case tres metros de longo, o novo vehículo estase acabando de montar en California é trátase dun dos prototipos máis complexos deseñados pola NASA. Entre outras innovacións coas que conta o vehículo, destaca o poder analizar a composición do chan e das rochas da superficie de marte grazas a un láser incorporado, vaporizando pequenos anacos de rocha, e analizando os atomos estimulados polo haz. Curiosity lanzarase entre o 25 de novembro e o 18 de decembro deste ano, chegando a Marte en Agosto de 2012. Veamos unha sinxela animación que nos mostra o funcionamente deste impresionante vehículo:








Mario Blanco Cid 1ºA Bach.