lunes, 13 de diciembre de 2010

As Xemínidas

Qué son as Xemínidas?
As Xemínidas é a chuvia de meteoros máis espectacular e fermosa deste ano.
Onde se atopan?
Atopanse na constelación Xéminis, e hoxe poderá apreciarse no ceo nocturno con ata 120 estrelas fugaces por hora, dende calquer lugar da terra.
Como son?
Son grandes e abundantes bolas de lume, cuxa orixe non está na cola dun cometa, senón nun estrano asteroide rochoso bautizado como 3200 Faetón, que exparce unha gran cantidade de po.
Mellor momento para observalas?
Durante a madrugada do luns ao martes, nun lugar alexado da cidade e oscuro.
Sen necesidade de prismáticos nin telescopios.

Déixovos un video:



Para máis información:

Ana Pérez Pérez,1ºBacharelato A.

Ratos con dous pais. Futuros fillos para parellas homosexuais???????

Un conxunto de expertos en ciencia reproductiva de Texas, liderados por Richard Behringher conseguiron crear un rato a partir de material xenético de dous machos. Ditos científicos manipularon unhas células chamadas fibroblastos ( células do tecido conectivo que sintetizan fibras e proporcionan estructura ós tecidos) dun rato varón para producir células nai. Aproximadamente un 1% destas células nai perderon o cromosoma Y, quedando X0. Estas células nai (X0) foron inxectadas nos blastocistos ( é a estructura embrionaria pasados 4 ou 5 días despois da fecundación) dunha femia. Así os ratos femia naceron coa estructura xénica do macho (X0). Despois estas femias apareáronse con outros machos, e naceron novos ratos co material xénico dos dous machos.

Esta técnica terá numerosas aplicaciones para consevar animais en vías de extinción e para novas técnicas de reproducción homosexual, ofrecendo a posibilidade de que parellas do mesmo sexo teñan fillos xeneticamente parecidos a eles, algo que moi posiblemente ofrecerá moita controversia social .


Juan Ozaita Corral, 1º Bach A
Máis información en :

Premio á innovación educativa!!!!!!!!

Estamos moi contentos/as porque o noso traballo titulado Ciencia en feminino foi recompensado cun Premio de innovación educativa 2010, no apartado introdución ás competencias básicas na aula dixital, pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Así mesmo, quedou finalista no concurso Ciencia en acción 2010, realizado a nivel estatal.


O saber das mulleres e as súas achegas é unha historia de invisibilidade, atrancos e desconsideración. A Ciencia que se imparte nas aulas está chea de mulleres esquecindas que, ao longo das diferentes etapas da evolución do saber, contribuíron cos seus coñecementos e descubrimentos ao corpo científico.
O traballo titulado Ciencia en feminino é unha pequena achega que intenta paliar esta tremenda inxustiza. As tarefas realizadas pretenden sacar do esquecemento a catorce mulleres que, dende o paradigma masculino de crear e pensar, non só foron invisibilizadas senón mesmo nalgúns casos expropiadas dos seus saberes e aportacións científicas. A continuación tedes os enlaces para poder verlos:
Coordinadora: Carmen Cid Manzano