miércoles, 3 de noviembre de 2010

Novo xen de camuflaxe


Estase a estudar sobre a capacidade de camuflaxe por cambio de coloración case inmediata que posúen os peixes, os anfibios e os reptís. Descubriuse recentemente en Estados Unidos por un grupo de científicos o xen “agrp2”, cuxa proteína permite a variación rápida da cor nos peixes, impedindo que se produzan nas células pigmentarias da pel pigmento marrón ou negro e que, en cambio, se produza pigmento amarelo e vermello. De momento trátase dunha concreta característica na troita, no salmón e no peixe cebra. Estamos a falar do terceiro xen dentro da familia dos agouti, dita proteína situada en concreto na glándula pineal, órgano que regula os ritmos diarios de resposta á luz. Nun principio, pensouse que se había atopado a vía que regula o apetito diario, sen embargo, Chao Zhang descubriu que esta proteína estaba implicada nos cambios rápidos da pigmentación que permiten ó peixe adaptarse ó seu entorno.



Para máis información

Para máis información

Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºBacharelato B

MISSION EPOXI





A nave espacial Deep Impact/EPOXI da NASA. Estase a precipitar cara ao cometa Hartley 2, mañá dia 4 realizará un voo a unha distancia de só 700 quilómetros.

Hai miles de millóns de cometas no sistema solar, pero esta será apenas a quinta ocasión na cal unha nave espacial voa o suficientemente preto do núcleo como para fotografalo.
As órbitas dos cometas tenden a ser moi alongadas: viaxan moi lonxe do Sol e logo aproxímanse a distancias moito máis pequenas. Cando aconteza o encontro, Hartley 2 estará preto do Sol, o que permitirá que se quente despois de viaxar polo frío e profundo espazo. O xeo do seu núcleo estará a evaporarse furiosamente, lanzando po e chorros de gas.

O núcleo de Hartley 2 é pequeno, ten menos de 1,6 quilómetro de diámetro. EPOXI internarase na coma do cometa. As cámaras da nave espacial tomarán fotografías de alta resolución. permitindo ver os rasgos, que parecen cicatrices, da superficie do cometa: cráteres, fisuras, respiradeiros...

O propósito da misión é solicitar información sobre a composición do núcleo e comparala con outros cometas. Debido a que os cometas pasan moito tempo a distancias moi grandes do Sol, o frío preserva a súa composición química, e dita composicion pode decir moito.




Feito por : Antia Arias Garcia 1ºB