lunes, 1 de noviembre de 2010

Explosión solar no ano 2013

Dende fai uns días aparécenlle ó Sol unha especie de lunares de cor branco, que son signo dun aumento da actividade magnética. Este aumento pode chegar a provocar explosións de radiacións que viaxan a 2000 km/s polo espazo. Prevéese que cara o 2013 o Sol expulse 10 millóns de toneladas de radiación, que ó chegar a Terra provocarían unha tormenta xeomagnética, que inutilizaría as comunicacións e redes eléctricas. Existen antecedentes rexistrados: como un caso da tormenta eléctrica de 1859, que impidiu o uso das liñas de telégrafo durante varios días e contempláronse auroras boreais en latitudes baixas. Quedou rexistrada unha aurora boreal no Diario de Menorca. Cálculase que a tormenta que se avecina deixará sen rede eléctrica a todo EEUU e ministerios de defensa de diversos países que cren que a vulnerabilidad dos países sen rede eléctrica pode ser aproveitada por terroristas.




Estas tormentas son provocadas polas citadas manchas que representan zonas frías na superficie solar ( a uns 5500 º C) provocadas por correntes de convección que se moven a diferentes velocidades que o resto da superficie solar. Estes desaxustes provocan tensións nos campos magnéticos. Pouco a pouco as manchas van en aumento chegando ata o momento do sol de máxima actividade radioactiva e polo tanto a máis perigosa.

Os gobernos deberán ter especial coidado cos satélites que poderían quedar achicharrados, e cos avións de pasaxeiros, xa que poderían virse abaixo ó ser sometidos a tal cantidade de radiación, ou os seus pasaxeiros sufrir as consecuencias dunha gran exposición a esta. Ademais científicos da NASA xa están buscando novos materiais que paren os efectos da radiación en masa.
Déixovos un video de como se produce unha explosión solar na superficie do astro rei:
http://www.youtube.com/watch?v=eWrm-dADE8w
Para máis información : http://www.quo.es/ciencia/astronomia/2013_explosion_solar




Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A


Adeus o último oso autóctono dos Pirineos

O último representante da variedade autóctona de osos pardos da cordilleira dos Pirineos desapareceu no mes de febreiro, a última vez na que se viu xa estaba mal e a súa idade xa era avanzada e dende ahí nada se volveu saber deste último oso, Camille.
Os ecoloxistas din que a desaparición deste tipo de osos pardos reflexa a pouca importancia que mostran as administracións na biodiversidade.
O Fondo para a protección dos animais salvaxes (FAPAS) afirma que despois de 30 anos loitando para que a poboación de osos pardos desta cordilleira non desparecera os resultados non son favorables xa que non hai ningún oso de variedade autóctona.
Dende fai 30 anos hasta hoxe en día a poboación de osos autóctonos dos pirineos mostrou cada ano unha rápida desaparición de especies.
A desaparición de Camille non fai que España se quede sen variedade de osos propios, xa que pola contra na Cordilleira Cantábrica hai un gran números de osos pardos nas provincias de León, Asturias, Cantabria e Palencia pero atópanse nun grave problema xa que están aislados por carreteras e liñas ferroviarias.


Feito por Lorena Yáñez López 1º Bacharelato A

Día 4 de novembro día da ciencia en galego

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística convídanos a sumarnos dende cada centro educativo á Xornada pola Ciencia en Galego. O obxectivo desta xornada é expresar que o galego é unha lingua adecuada para a transmisión dos coñecementos científicos e tecnolóxicos. O noso centro celebrarao cunha conferencia-coloquio de Xabier Cid Vidal, investigador do CERN en Xenebra e da Universidade de Santiago de Compostela.





Editado Por Carmen Cid Manzano

Houbo vida en Marte?

Un equipo de xeólogos da Universidade Brown (Estados Unidos), concluíron que grandes cantidades dun depósito mineral nun cono volcánico de Marte mostra que, nese pasado afastado, a planeta Vermello tiña microambientes que eran habitables.Tamén garanten que o clima en Marte cambiou preto de 3.500 millóns de anos e deixou de ser relativamente quente e húmido para seco e frío. Segundo os científicos, estes ambientes poden ser adecuados para as formas de vida primitivas, como a que tivo lugar na Terra.




Ata o momento, ningunha investigación foi capaz de concluír se houbo vida en Marte no pasado, pero probas como estas añaden de que si houbo lugares e momentos nos que podería haber existido formas de vida.

Os datos sobre a composición do cono, na caldeira Nili Patera, foron recollidos pola sonda da NASA Mars Reconnaissance Orbiter.



Para mais información:



Feito por : Érika López Carballo 1ºA

Cumio da biodiversidade en Xapón, quen gaña??

Tras doce días de tensas conversacións, máis de 190 paises reunidos no Cumio de Biodiversidade en Nagoya, Xapón, acordaron un novo plan para 2020 dirixido a protexer as especies do planeta. Non obstante as metas acordadas son menos esixentes e específicas do que pedían os expertos en conservación. Entón ante que nos encontramos??
O principal punto da discordia foi o Protocolo ABS (acceso e repartición de beneficios). Onde países en desenvolvemento ricos en biodiversidade insistiran durante todo o encontro que non asinarían as metas xerais a menos que houbese tamén un acordo sobre o protocolo. Non obstante os países industrializados quería un acordo moito máis limitado.
Xa que para a industria estas palabras poden significar diferenzas de miles de millóns de dólares.
Moitos expertos consideran que as novas metas son demasiado débiles e que poden non ser suficientes para deter a perda de especies. Apuntan que xa se protexe ao 13% das superficies terrestres (no cumio esíxese o 17%) e que a meta do 10% para áreas mariñas é a que xa existía antes do cumio.
Pero todo isto é moito máis complicado que un complexo acordo, de onde sacamos os recursos financeiros? Varios países en desenvolvemento advertiron que non teñen os fondos necesarios para implementar as novas metas.
Os países desenvolvidos comprometéronse a reunir fondos de axuda para 2020, o que pode significar un importante fluxo de fondos para as nacións en desenvolvemento. Os plans deben estar en pé para 2012, cando Rio de Janeiro será a sede do segundo
Cumio da Terra. As empresas privadas deben contribuír e isto é algo lóxico, porque obteñen ganancias aproveitando os recursos da biodiversidade.
Ante que nos encontramos realmente hoxe en día?
A perda de biodiversidade amenaza a un ritmo mil veces superior ao considerado natural. Polo menos un quinto das especies do planeta están ameazadas de desaparecer. No caso dos anfribios, a cifra é superior ao 40%.
Son estas metas o suficientemente específicas para evitar esta gran traxedia??
Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºB
Máis información en

Está preparada España para afrontar un tsunami?

Para saber máis: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/28/ciencia/1288272171

¡Felices dez anos!

O 2 de Novembro do 2000, chegaban a ISS (Estación Espacial Internacional), os tres tripulantes da primeira misión: Bill Shepherd, Sergei Krikalev e Yuri Gidzenko.
Durante todo este tempo levaronse a cabo ao redor de 150 camiñatas espaciais e máis de 600 experimentos.(Que permitiron avances en menciña, reciclaxe e no coñecemento do Universo).
Dende entonces a vida na ISS foise normalizando, ata convertirse na estación espacial orbital que máis tempo estivo habitada de maneira permanete.

A ISS ten un tamaño equivalente ó dun campo de fútbol americano.
Krikalev , Gidzenko y Shepherd

O primeriro que fixeron os tres astronautas foi prender a luz e de seguido conectar as cámaras que permitian seguir dende a Terra o que lles sucedía.
A partir de ese dia os pasaxeiros estiveron sometidos a un ritmo de vida estricto e só interrumpían o seu traballo para realizar exercicios físicos necesarios para compensar o efecto da falta de gravidade sobre os músculos.
Esto converteuse no proxecto tecnolóxico máis caro e ambicioso da história da humanidade(esforzo económico de 16 paises).
Coincidencia das catro mulleres en abril deste ano.
Tripulantes durante unha comida.

Ainda que tiveron varios problemas durante estes 10 anos, a sua situación (a 400 km. de altitude), permítenos ter unha impresionante panorámica da Terra e intentar chegar ó obxetivo que é explorar novos planetas así como desenrolar as tecnoloxías que permitan ós seres humáns ir máis alá.

Vista nocturna dende a ISS.
Durante un paseo espacial en 2007.
Fotografía dende a cúpula da ISS o mes pasado.

Déixovos uns vídeos relacionados coa ISS:
Máis información:

Feito por: Ana Pérez Pérez, 1ºBacharelato A.

Fate of fthe world

Algunha vez preguntáchesche como podería unha persoa salvar o planeta dos efectos do cambio climático? Un xogo de computadora de fabricación británica, cuxa versión de proba foi lanzada este luns, crea diferentes escenarios para facer exactamente iso.