jueves, 28 de octubre de 2010

2011 o ano do Sistema Solar

A NASA anunciou hoxe. 29 de outubro, que o próximo ano será o "Ano do Sistema Solar" (The Year of the Solar System ou YSS, polas súas sigla en inglés). Un gran número de misións e voos realizaranse para coñecer mellor o espazo máis cercano.
Non será un ano terrestre, en realidade será un ano marciano, de 23 meses, que comezará este outubro de 2010 ata agosto de 2012. Marte necesita 687 días, é dicir o seu "ano" para dar unha volta ao redor do sol.





Para máis información prema aquí.

Turismo espacial.

Avión que efectuará as viaxes turísitcas ao espazo
Os habitantes do condado de Sierra, en Novo México, están afeitos presenciar feitos extraordinarios. En 1950, Hot Springs, unha das súas localidades máis visitadas polas súas augas termais, cambiouse o nome a Truth or Consequences (Verdade ou Consecuencias), un concurso radiofónico. Desde o venres, a cidade de T e C, como a coñecen os locais, é a primeira do mundo en ter un aeroporto espacial xa que é a poboación máis próxima a Spaceport America, onde o millonario británico e presidente de Virgin Galactic, Richard Branson, inaugurou a pista de 3,2 quilómetros pola que, nun ano, despegarán dous voos ao día.

Cada billete custará 200.000 dólares (uns 140.000 euros) e permitirá viaxar dúas horas e media ata unha altura duns 110 quilómetros. En cada voo, os seis pasaxeiros poderán observar a curvatura da Terra, desabrocharse os cintos e gozar de cinco minutos de ingravidez antes de que o avión SpaceshipTwo regrese planeando de volta ao espaciopuerto. Segundo Virgin Galactic, xa compraron os seus billetes 380 persoas que esperan a súa quenda a partir de 2011. O obxectivo de Branson é levar turistas a un novo hotel espacial no futuro, segundo explicou á CNN.

Para máis información prema aquí.


Editado por Brais Gómez 1ºA