martes, 26 de octubre de 2010

Cada tres días aparece unha especie nova no Amazonas

No Amazonas hai unha gran cantidade de especies. Só nos últimos dez anos a organización ecoloxista WWF documentou 1.200 novas, unha cada tres días, 637 plantas, 257 peixes, 216 anfibios, 55 reptiles, 16 aves e 39 mamíferos.(Según o informe «¡Amazonía Viva!: Una década de descubrimientos 1999-2009» (pdf) )

Algunhas como a Martialis heureka, (formiga de Marte), poderían ter ascendencia prehistórica. Esta formiga atopouse en Brasil fai dous anos, e pertence o primeiro xénero de formigas vivas descuberto dende 1923.

Un tití do Río Acarí (Mico acariensis)

Unha rá camaleónica (Telmatobius sibiricus)
Unha rá femia(Allobates granti)
A Amazonia abarca 6'7 millons de kilometros cadrados, e a maior parte da rexion esta ainda sen explorar.WWF advirte que nos ultimos 50 anos o home provocou unha destrucción do 17% dos bosques tropicais amazónicos. As causas: a demanda de carne, os biocombustible e a deforestación debida para pastos para o gando.
Finalmente, a organización señalou a necesidade de avanzar na definición dos espacios protexidos mais alá de parques naturais ou reservas.

Unha salamantiga (Thecadactylus solimoensis)
Unha Anaconda boliviá (Eunectes beniensis)
Un páxaro amazónico o Rufous Twistwing (Cnipodectes superrufus)



Feito por Ana Pérez Pérez,1ºBacharelato A.

O “Lixo espacial” obriga ao desprazamento da Estación Internacional.






A Estación Espacial Internacional tivo que ser desviada da súa órbita ninha manobra de urxencia a causa do perigo de colisión co lixo espacial. A situación considérase perigosa cando a posibilidade de colisión é dun 0,001%. A pesar de que a posibilidade de choque sexa tan pequena, é necesario desviar a plataforma orbital da traxectoria de voo do obxecto perigoso, co fin de garantir a seguridade da ISS e dos seus tripulantes.
A altura media da ISS oscila entre os 360 e os 330 quilómetros. Pero a plataforma perde entre 100 e 150 metros de altura cada día debido á gravitación terrestre, a actividade solar e outros factores, o que obriga a corrixir de xeito periódico a súa órbita.
A actual tripulación da estación espacial está integrada polos cosmonautas rusos Fiódor Yurchijin, Alexandr Kaleri e Oleg Skrípochka e os seus colegas estadounidenses da NASA Scott Kelly, Doug Wheelock e Shannon Walker.




Feito por: Andrea Acosta Gerpe bacharelato 1 º A

Que é o LHC? Cales son os perigos do seu funcionamento?

En clases de CMC preguntástesme os perigos dos experimentos que levan a cabo no LHC. Déixovos o enlace dun vídeo onde o Físico teórico español Alvaro de Rujula contéstanos esta pregunta.


Editado por Carmen Cid Manzano

Unha ourensá no CERN

A ourensáTeresa Fonseca cóntanos no seguinte video cal é o obxectivo do detector ATLAS e o por que se trata de atopar o bosón de Higgs.